27/3/08

POR FIN XA SOMOS TRES!


POR FIN XA SOMOS TRES!

Ola!
En primeiro lugar perdón a todos os que leen este blog pola tardanza en colgar a nosa experiencia.
Como xa sabedes nós tivemos a primeira cita o día 10 de setembro de 2007, o noso CI era para un neno de 0 a 3 anos.
Pois como nesa primeira viaxe non atopamos ó noso meniño tivemos que esperar a unha segunda cita, e no noso caso a unha terceira cita. Contámosvos:
Chamáronnos para que o día 9 de xaneiro de 2008 estiveramos en Kiev para unha segunda cita, só nos adiantaron que se trataba dun meniño de 17 meses e que estaba nun orfanato en Dnipopetroski, tamén nos dicían que tiña hidrocefalia, hernia, retraso psicomotriz e dermatite.
A verdade é que viaxamos a esa cita cun pouco de medo, pero ó mesmo tempo con moitísima esperanza porque a nosa facilitadota nos adiantara que o da hidrocefalia se era verdade non era grave porque ela falara co orfanato e lle dixeran que o neno estaba ben.
Así que alá fomos ó centro de adopcións e alí nos mostraron unha foto del, pero de cando tiña máis ou menos 7 meses, e nos leron a ficha do neno, non tiña 17 meses, senon que 19 meses, e o das enfermedades era como nos adiantara a nosa facilitadota.
Ese mesmo día, é decir o día 9 de xaneiro viaxamos en tren toda a noite a Dnipopetroski para ó día seguinte poder ir ó orfanato e xa coñecer ó neno.
Fomos ó orfanato, vimos o neno e a maiores do que nos dixeran o neno tiña un quiste no cerebro que non deixaba de crecer.
Ningún de nós é médico así que nos puxemos en contacto con dous neurocirurxiáns galegos para que cos datos de que dispuñamos nos aconsellasen.
Ámbolos dous coincidiron en que os datos eran escasos, pero que o que estaba máis ou menos claro era que a corto, medio ou longo prazo habería que intervilo co risco que conleva.
Despois de moitas voltas que lle demos á cabeza decidimos arriscarnos e solicitar ó centro de adopcións a posibilidade dunha terceira cita alegando que a información que nos facilitaran non fora de todo exacta, posto que en ningún momento nos mencionaran o do quiste no cerebro.
O escrito o presentou a nosa facilitadora o sábado día 12 de xaneiro e esa mesma mañá nos chamou para que foramos ó centro de adopcións porque accedían a mostrarnos a ficha doutro neno.
Non sabedes a cantidade de sentimentos que nos invadiron nese intre, non nos volvíamos para a casa, dábannos unha terceira cita!!!!!!!!!!!!!!!!
Nesta ocasión ensináronnos a ficha dun neno que facía o día 22 de xaneiro 2 aniños, estaba na cidade de Donestk e en principio o único que tiña era retraso psicomotriz.
O domingo de noite voltamos a viaxar en tren esta vez cara Donestk, agora íamos máis nerviosos aínda se cabía porque desta vez tiña que ser.
E así foi cómo este neno entrou nas nosas vidas, é un neno sano, alegre e moi, moi cariñoso.
Tivemos o xuízo o día 28 de xaneiro e o día 14 de febreiro voltamos para a casa os tres, por fin os tres.
Xa leva polo tanto aquí connosco un mes e vos direi que se adaptou perfectamente, xa nos entende, está moito máis tranquilo e quédase con todo o mundo porque como diciamos antes é moi alegre.
E esta é a nosa historia, só dicirvos que non desesperedes, que todo chega, aínda cando parece que xa non hai saída sempre hai por onde tirar.
O noso camiño foi duro, e o máis duro desde logo foi ter que dicidir se levabamos o neno que estaba maliño ou non, pero cremos que ó final non era para nós porque nos dixo a nosa facilitadora que a día de hoxe xa foi adoptado por unha parella de alemáns e que o home era neurocirurxián, ou sexa que cremos que foi o destino.
UN BICO ENORME PARA TODOS OS QUE NOS SEGUISTES E QUE SAIBADES QUE AQUÍ ESTAMOS PARA O QUE VOS POIDAMOS AXUDAR.

31/12/07

2º Cita: 9 de Xaneiro


Por fin nos chamaron para a segunda cita. A verdade é que agardábamos que nos chamaran antes pero por fin chegou o momento. Unha mistura de medo e esperanza nos atravesa. A verdade é que sabíamos que tiña que chegar mais temos moito medo tras o acontecido na primeira. Ademais os datos que temos non son dos mais bons. Teremos que ir a Dnipropetrovsk, e todo o mundo fala moi mal dos retrasos e impedimentos nesa cidade. De todos os xeito agardamos que todo vaia ben.
Por outro lado os datos que circulan sobre as novas reglas para 2008 son bastante malos (limitación de cupos, estratificación por edades, falta de garantías nas segundas citas,...). Semella todo un camiño de obstáculos a superar.
Esperamos que todo se amañe e cada un de nos poida acadar o soño que anda a buscar con tanto aquel.

4/10/07

RESULTADOS ELECTORAIS EN UCRAÍÑA

Os resultados das eleccións en Ucraíña son co 99,95 % escrutado:

174 esc (34,27%) Partido das Rexións
157 esc (30,78%) Bloque Y.T.
72 esc (14,20%) Nosa Ucraíña
27 esc (5,38%) Partido Comunista
20 esc (3,96%) Bloque de Lytvin

Ucrania, entre Eurovisión y «Mad Max»
El pulso de fuerza que libran desde hace años Yúshchenko y Yanukóvich amenaza con eternizarse si al segundo no le gustan los resultados de las legislativas de hoy

Autor: Miguel A. Murado
Fecha de publicación: 30/9/2007
La Voz de Galicia.

Cómo cambia todo. En el 2005 Ucrania ganó el Festival de Eurovisión nada menos que con el himno de la revolución naranja, la cual había llegado al poder el año anterior. Ante el estupor de los organizadores, con el grupo musical subió a recoger el premio el presidente Víktor Yúshchenko, el que supuestamente había llevado la democracia al país. Su comportamiento era prueba de que no era así. Yúshchenko, a quien (supuestamente) habían intentado envenenar sus rivales y que (supuestamente) había sido víctima de un fraude electoral, era ya un líder no menos autoritario y corrupto que su predecesor y tocayo, Víktor Yanukóvich.
Desde entonces, en Ucrania ha ocurrido de todo. Enzarzado Yúshchenko en una lucha personal con su primera ministra Yulia Timoshenko, empapados en corrupción ambos y con la Rusia de Putin a la contra, la revolución naranja se volvió agria como un limón. Tanto, que Yúshchenko acabó por deshacerse de la Timoshenko e hizo primer ministro a su archienemigo Yanukóvich.
Yanukóvich es otra joya. Este antiguo delincuente (de joven pasó por la cárcel por ladrón), sigue estrechamente relacionado con la mafia ucraniana. Recientemente, un amigo suyo, un gánster apodado Mad Max, ha muerto a manos de un francotirador en el momento en que era detenido para responder de sus negocios con el primer ministro. Pero lo cierto es que en este año y pico de gobierno Yanukóvich ha logrado estabilizar la economía ucraniana, aparte de la suya propia. También es más demócrata y más prooccidental? O eso dice su jefe de prensa, que luce el inquietante nombre de Taras Chernóbil.
Tanto éxito ha tenido el renovado Yanukóvich que 11 diputados del partido de Yúshenko se han pasado al suyo. ¿Reacción de Yúshchenko? Disolver ilegalmente la Cámara y convocar elecciones. Esos son los comicios que se celebran hoy.
Más próxima a Rusia
El órdago de Yúshchenko es incierto. Las encuestas dan un 32% a su rival, quien cuenta con el apoyo del Este industrial, donde la población se siente más próxima Rusia que a Occidente. Sobre todo, pensionistas y parados están satisfechos con la política socialdemócrata de Yanukóvich y temen el neoliberalismo de Yúshchenko. A éste se le augura un batacazo, pero esto puede compensarlo un ascenso del partido populista de Yulia Timoshenko. El presidente ha vuelto a cortejarla, olvidando de momento los insultos que se dirigieron cuando estaban en el gobierno. Si juntos lograsen ganar en votos, la Timoshenko volvería a ser primera ministra. Si no, Yúshchenko no tendrá más remedio que devolver el gobierno a un Yanukóvich que se pondrá a trabajar para anularle.
Pero todo esto sería en el mejor de los casos? Lo más probable es que, gane quien gane, los otros no acepten el resultado, como sucedió en el 2004. Los jueces del Tribunal Constitucional que deberán certificar la validez de la votación ya están debidamente amenazados de muerte todos ellos, y en la calle acampan en estos momentos seguidores de los tres partidos, listos para empezar la pelea. Así es Ucrania.

17/9/07

Entrada Centro de Adopcións




Esta é o entorno do Centro de Adopcións e a porta de entrada ao mesmo.

11/9/07

Primeira Cita


Onte tivemos a primeira cita no Centro de Adopcións de Ucraíña ás 11:00 da mañá (hora local). Hoxe día 11 de setembro, xa estamos en casa.

Foi unha experiencia moi triste e frustrante. Non se pode explicar a impotencia que un sinte con palabras.
Chegamos a Kiev o sábado nun voo dende Vigo vía Madrid e Munich. Á chegada a nosa facilitadora nos estaba esperando e nos acompañou até un apartamento moi ben acondicionado situado nos arredores da Praza da Independencia (zona Centro) moi perto do Centro de Adopcións.
Dado que o venres non estaba informado no taboleiro de anuncios de dito organismo a relación de citas para o luns, recomendounos que o luns estivéramos preparados a eso das 9:30 horas para sair para a entrevista por si a nosa era a primeira.
Segundo nos informamos hai tres psicólogas realizando as citas de xeito que se atende cada hora a tres parellas. Nestes intres unha dela estaba de vacacións polo cal tan só se celebran dous encontros por hora. No noso caso estabamos nós e unha parella de americanos.
Ás 9:50 chamounos por teléfono a nosa facilitadora e nos informou que ás 11:00 horas tíñamos a cita no C.A. Dado que nos quedaba tempo, fumos a unha cafetería cercana ao apartemento e almorzamos en plan ucraíño. Realmente son almorzos fortes similares ao británico.
Ás 10:30 estábamos na vivenda dado que quedáramos coa facilitadora. Marchamos os tres para o C.A. e ás 10:45 xa estabamos alí.
O departemento de adopcións está no edificio do Ministerio de Asuntos da Familia (ou algo polo estilo). Este edificio atópase a carón da igrexa de San Miguel (por certo patrón de Kiev), no alto dunha rúa empedrada que fai unha pequena costa. A entrada é por un lateral de dito edificio e se trata dunha pequena porta sin pretensións cunha placa a carón onde indica o organismo que se trata en ucraíño. Segundo entras se encontra a parte admistrativa e no andar superior, subindo unhas escaleiras estreitas está o despacho das psicólogas que entrevistan ás familias. O estado xerál é bon con mobles prácticos e novos do tipo contrachapado automontable. Teñen un cuarto con dúas mesas para unha das psicólogas e o xefe do departemento, e ca continuación (hai que pasar polo anterior) un despacho onde está outra psicóloga. En ambos sitios teñen un sofá onde se sentan as parellas que realizan a entrevista.
Nós tivemos que esperar a que finalizaran as anteriores parellas e logo subimos (sobre ás 11:10). Recibiunos abaixo a traductora de español do Ministerio, dixo os nomes e pasamos. A nosa entrevista era no despacho que tiña unha sóa mesa. Alí estaba a psicóloga. Sentámonos no sofá, presentámonos e ensinamos os pasaportes. A partires de ahí se nos dou unha charla xenérica sobre o mal que estaba a adopción de nenos sanos en Ucraíña, facendo fincapé en que incluso os nacionais do pais teñen problemas para atopar nenos sanos. A traductora, sentada nunha cadeira entre nós e a mesa de despacho da psicóloga, ía traducindo todo.
Nun segundo intre empezou a falar das fichas dos nenos que tiña dispoñibles en adopción nese intre. As describía en edade, sexo e sobre todo enfermidades que tiña o crío. A continuación e tras a traducción da intérprete, nolas pasaba. Son unhas follas plásticas con aneis dentro das cales está o expediente do neno (unhas tres ou catro follas) e unha ou dúas fotos del. Por suposto todo en ucraíño (só entendíamos os números).
Tras mostrarnos 6 fichas todas elas de nen@s con enfermidades graves (microcefalia, síndrome de alcoholismo fetal, hepatite C crónica...) permitíronnos facer unha chamada a unha pediatra que levabamos de contacto en España, a cal tras enumerar as enfermidades nos aconsellou non escoller a ningún deles e solicitar unha segunda cita.
Foi así cómo xa decidimos no mesmo momento non acudir a ningún dos orfanato e solicitar esa cita.
A decisión non é fácil pois sempre che queda a dúbida de se deberías visitar algún, pero tanto a nosa facilitadora coma nós mesmos pensamos que o único que podíamos conseguir con ela era sufrir un pouco máis e de paso facerlle sufrir a un meniño que non ten a culpa de nada.

10/7/07

Invitación para ir ao Centro de Adopcións de Kiev



Hoxe a nosa facilitadora nos comunicou vía e-mail que todo o noso expediente está correcto e que temos cita para o día 10 de setembro de 2007 en Kiev.
Por outro lado nos informa que na carta de invitación sinalan que os nenos son maiores de 5 ou 6 anos, que moitos teñen irmáns e que padecen importantes enfermedades.
Unha mistura de ledicia e medo nos invade. A verdade é que o proceso nos parece máis rápido do que supúñamos cando nos decidimos a adoptar e que agora sí que vemos a inmediatez da adopción. Só esperamos que todo saia ben como até o de agora. Sabemos que vai ser duro e complicado pero é o que levamos agardanto moito tempo.

O noso expediente é o número 860. Imaxinámonos que todos imos ter sorte neste proceso. Xa sabedes o que dín: naide queda sen ter un fillo se o desexa tanto.

12/6/07

O noso expediente está en Ucrania


Por fin metimos o noso expediente no Centro de Adopcións de Ucránia. Foi o día 07 de xuño de 2007. Isto fainos moi felices porque vemos que está avanzando o proceso. De todos os xeitos segundo a nosa facilitadora parece ser que no Centro de Adopcións de Kiev poñen pegas porque non hai nenos menores de 3 anos na base de datos. De feito presionáronna un pouco para que aumentase a edade ata os 4 ou 5 anos.

Ela aconsellounos que esperemos. Iso imos facer.

Tamén nos comentou que o noso expediente é o 95 dos españois que entraron en 2007. Teóricamente hai un cupo para España de 380 expedientes para todo o ano.

6/5/07

Situación Actual en Ucrania


Transcribo a continuación unha nota que está colgada da páxina web de Amigos de Ucrania. Polo seu interese creo que pode ser de moita utilidade.


Nota sobre la situación de la adopción en UCRANIA
Damos traslado de la información recientemente facilitada por la Embajada de España en Kiev sobre los recientes cambios respecto a la tramitación de las adopciones en UCRANIA.
- A comienzos de la semana pasada se ha producido la dimisión de la Directora y de la Subdirectora del Departamento Nacional de Adopciones de Ucrania.
- Por el momento , el Departamento sigue funcionando con normalidad y los procesos de adopción abiertos siguen su curso.
- Se ha recibido en la Embajada de España en Kiev un escrito del Departamento comunicando la cifra definitiva de expedientes que serán aceptados este año de solicitantes españoles y que es un total de 380 .
- En cuanto a las vías de entrega de estos expedientes en el Departamento de Adopciones , el Departamento Nacional de Adopciones ha comunicado oficiosamente a la Embajada de España la posibilidad de que la entrega se limite a la presentación personal de los mismos por las propias familias o su representante . Se elimina por tanto la posibilidad de remisión por las Autoridades competentes en adopción de las Comunidades Autónomas.

- Según información facilitada a nuestra Embajada en Kiev por un representante de la Embajada americana en dicho país, tras una reunión mantenida con la Viceministra , la introducción de cupos por países pretende obtener una mayor transparencia en la gestión. Así mismo han manifestado que en el Parlamento se están dando pasos para aprobar la legislación necesaria para la adhesión de Ucrania al Convenio de la Haya de adopción internacional. Igualmente les han confirmado que se cancela la recepción de expedientes por correo, limitándose la presentación a la realizada por las propias familias o sus representantes legales.
- La Embajada de España está a la espera de que se confirmen definitivamente y por escrito estos extremos, así como el nombre de los nuevos responsables del Departamento Nacional de Adopciones. A lo largo de las próximas dos semanas, la Viceministra ha prometido convocar una reunión con las Embajadas y los facilitadores.

Ultimas Noticias sobre la situación de la adopción en UCRANIA
Como continuación a la Nota Informativa de Abril que se ha remitido recientemente a las Comunidades Autónomas, damos traslado de la información que nos acaba de llegar de la Embajada de España en Kiev :
• El Departamento Nacional de Adopciones no aceptará nuevos expedientes hasta el 16 de Abril próximo a causa del vacío de personal en el Departamento generado por las recientes dimisiones .
• Los casos que están en trámite, en cualquiera de sus fases ( citación , entrevista en el Departamento, en trámite judicial… ) siguen su curso normal .
El Consulado se mantiene en contacto con el Departamento y nos informará de cualquier nueva noticia que se produzca y que será comunicada a todas las Comunidades.
AMIGOS DE UCRANIA se ha puesto en contacto con el Centro de Adopciones, donde sus responsables nos han transmitido que desaconsejan al 100 por 100 que las familias se trasladen a Ucrania personalmente para registrar su expediente, aunque en teoría podrían hacerlo. Insisten en que el registro se haga a través de sus representantes, que son los que verdaderamente controlan los turnos de entrega y las colas de espera.
Un abrazo de la Junta Directiva de AMIGOS DE UCRANIA

18/3/07

DOCUMENTACIÓN NECESARIA


A documentación necesaria está moi ben explicada nas páxinas web www.amigosdeucrania.org , na www.aniarkuassociacio.org ou na de www.ucrania.galeon.com . Nós aquí poñemos a relación de documentos necesarios e onde se poden solicitar en Galicia.
Básicamente hai tres tipo de documentos en función de onde se poden apostillar coa "apostilla da Haia" (básicamente un certificado oficial de que ese documento é auténtico):
1. Grupo 1 (Apostillables en Galiza)
Son todos aqueles documentos que dependen do poder Xudicial ou do Notario. Tes que conseguilos tí e levalos a apostillar ao Organismo que se indica.


  • Certificado de Matrimonio (Solicítase no Rexistro Civil de casamento e apostíllase no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza -Praza de Galiza, s/n A Coruña)

  • Partidas de nacemento (Solicítase no R.C. de nacemento e apotíllase no TSXG)

  • Certificados de Antecedentes Penais (Solicítase no Rexistro de Penados e Ultimas Vontades -Alfonso Molina 1 A Coruña- e apostíllase no TSXG. Mércase un certificado en branco que hai que cubrir a man ou máquina e se presenta por correo ou en persona no Rexistro de Penados. Posteriormente lévase ao TSXG que tarda 48 horas en apostillar).

  • Solicitude ao Centro de Adopcións Ucrania. Segundo os modelos que hai nesas páxinas que se citan, lévase a asinar á Notaría, sendo que o notario tan só ten que recoñecer a sinatura. Logo se apostilla no Colexio de Notarios de Galicia. Praza de Gaiza s/n A Coruña)

  • Fotocopia notarial dos pasaportes (Fano na Notaría e se apostilla no Colexio de Notarios)

  • Fotocopia notarial do libro de familia (Idem)

  • Poder notarial ao representante en Ucrania (Idem)

  • Acta de manifestacions non notarial con recoñecemento notarial das sinaturas. (Segundo os modelos que hai nesas páxinas ou o que che indique a traductora ou o facilitador. O notario tan só ten que recoñecer as sinaturas e logo levar á apostillar ao Colexio de Notarios. Hai que ter conta de que non se trata dun documento notarial só fai o notario o recoñecemento de sinaturas).

2. Grupo 2 (Apostillables no "Ministerio de Justicia - Madrid" e solicitados polo adoptante)



  • Certificado Dominio Propiedade (o solicitas no Rexistro da Propiedade onde teñas a vivienda. Hai que ser moi explícitos de que é un Certificado de Dominio da Propiedade -non indica as cargas que ten-, e non é un Certificado Literal. Unha vez no noso poder, hai que envialo a autentificar a sinatura do Rexistrador correspondente ao Colexio de Rexistradores da Propiedade de España, Dpto Consumidores, Rúa Príncipe de Vergara, 72 baixo Madrid -tlf. 900101141-)

  • Certificado de Ingresos Facenda. (Non se trata dun certificado da declaración da renda do ano anterior, senon dun certificado de Rendas. Ou sexa se certifica a cantidade bruta ingresada no ano anterior. Esto se solicita na Administración de Facenda mais cercana. Logo hai que envialo á Oficialía Maior do Ministerio de Facenda. Rúa Alcalá, 7 - 2º pta- Despacho 2226. 28014 Madrid.)

  • Certificado Medico

  • Requisito de entrada do menor

3. Grupo 3 (Documentos da Xunta de Galiza -Apostillables no Ministerio de Justicia en Madrid)



  • Certificado de Idoniedade

  • Informe Psico-social

  • Compromiso de seguimento do menor.

17/3/07

PRAZOS DO EXPEDIENTE




Os prazos son moi variables. Nos pola nosa beira podemos poñer os tempos nosos.

2006; 31 Xullo: Presentación de solicitude de entrevista para adopción internacional e nacional na Delegacion da Consellería de Igualdade e do Benestar de A Coruña
2006; 15 Setembro: Charla informativa do equipo da Delegación Provincial en A Coruña no edificio da Xunta de Elviña e reparto de documentación.
2006; 18 Outubro: Presentación de solicitude de adopción internacional
2007; 13 Febreiro: Entrevista na Delegacion Provincial da Consellería de Igualdade e do Benestar para informe psicosocial e Certificado de Idoniedade.
2007; 19 Febreiro: Confirmamos por fax á Delegación Provincial o pais de adopción, facilitador e traductor.
2007; 13 Marzo: Chegada ao noso enderezo da declaración de Idoneos para Adopción Internacional.
2007; 16 Marzo: Chegada á traductora do Certificado de Idoniedade e o Informe PsicoSocial para proceder á súa traducción.
2007; 17 Abril: Envío de resto do expediente á traductora para a súa traducción e validación na embaixada de Ucraíña.
2007; 24 Abril: Presentación na embaixada de Ucraíña do expedente para a validación da traducción.
2007; 3 Mayo: Recollida do expedente na embaixada de Ucraíña.
2007; 5 Mayo: Chegada ás nosas máns do expedente validado pola embaixada.
2007; 7 Mayo: Envío a Ucraíña por Correos de todo o expedente á nosa facilitadora.
2007; 11 Mayo: Chegada a Ucraíña (á nosa facilitadora de todo o expediente).
2007; 07 Xuño: Entrada polo rexistro do Centro de Adopcións de Kiev do expediente.
2007; 10 Xullo: A nosa facilitadora nos comunica que temos cita para o día 10/09/2007
2007; 10 setembro: Primeira cita en Kiev.
2007; 10 setembro: Presentación de solicitude de segunda cita no Centro de Adopcións de Kiev.

PROCESO DE ADOPCIÓN







O proceso de adopción en calquera pais é bastante complicado. Na maioría dos casos hai un descoñecemento dos pasos a seguir que se convirte nun atranco fundamental á hora de decidirte por este xeito de ter fillos.
Se isto xa é moi patente no caso dos paises para os cales existen ECAIS certificadas para traballar con eles, para Ucrania o caso é mais grave dado que non recoñece este tipo de intermediarios e son as propias familias as que temos que buscar toda a información pola nosa conta.
Neste blog non queremos mais que contar as nosas experiencias de adopción e poñer a dispor de todo o mundo a pouco información da cal dispoñemos.