18/3/07

DOCUMENTACIÓN NECESARIA


A documentación necesaria está moi ben explicada nas páxinas web www.amigosdeucrania.org , na www.aniarkuassociacio.org ou na de www.ucrania.galeon.com . Nós aquí poñemos a relación de documentos necesarios e onde se poden solicitar en Galicia.
Básicamente hai tres tipo de documentos en función de onde se poden apostillar coa "apostilla da Haia" (básicamente un certificado oficial de que ese documento é auténtico):
1. Grupo 1 (Apostillables en Galiza)
Son todos aqueles documentos que dependen do poder Xudicial ou do Notario. Tes que conseguilos tí e levalos a apostillar ao Organismo que se indica.


  • Certificado de Matrimonio (Solicítase no Rexistro Civil de casamento e apostíllase no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza -Praza de Galiza, s/n A Coruña)

  • Partidas de nacemento (Solicítase no R.C. de nacemento e apotíllase no TSXG)

  • Certificados de Antecedentes Penais (Solicítase no Rexistro de Penados e Ultimas Vontades -Alfonso Molina 1 A Coruña- e apostíllase no TSXG. Mércase un certificado en branco que hai que cubrir a man ou máquina e se presenta por correo ou en persona no Rexistro de Penados. Posteriormente lévase ao TSXG que tarda 48 horas en apostillar).

  • Solicitude ao Centro de Adopcións Ucrania. Segundo os modelos que hai nesas páxinas que se citan, lévase a asinar á Notaría, sendo que o notario tan só ten que recoñecer a sinatura. Logo se apostilla no Colexio de Notarios de Galicia. Praza de Gaiza s/n A Coruña)

  • Fotocopia notarial dos pasaportes (Fano na Notaría e se apostilla no Colexio de Notarios)

  • Fotocopia notarial do libro de familia (Idem)

  • Poder notarial ao representante en Ucrania (Idem)

  • Acta de manifestacions non notarial con recoñecemento notarial das sinaturas. (Segundo os modelos que hai nesas páxinas ou o que che indique a traductora ou o facilitador. O notario tan só ten que recoñecer as sinaturas e logo levar á apostillar ao Colexio de Notarios. Hai que ter conta de que non se trata dun documento notarial só fai o notario o recoñecemento de sinaturas).

2. Grupo 2 (Apostillables no "Ministerio de Justicia - Madrid" e solicitados polo adoptante)



  • Certificado Dominio Propiedade (o solicitas no Rexistro da Propiedade onde teñas a vivienda. Hai que ser moi explícitos de que é un Certificado de Dominio da Propiedade -non indica as cargas que ten-, e non é un Certificado Literal. Unha vez no noso poder, hai que envialo a autentificar a sinatura do Rexistrador correspondente ao Colexio de Rexistradores da Propiedade de España, Dpto Consumidores, Rúa Príncipe de Vergara, 72 baixo Madrid -tlf. 900101141-)

  • Certificado de Ingresos Facenda. (Non se trata dun certificado da declaración da renda do ano anterior, senon dun certificado de Rendas. Ou sexa se certifica a cantidade bruta ingresada no ano anterior. Esto se solicita na Administración de Facenda mais cercana. Logo hai que envialo á Oficialía Maior do Ministerio de Facenda. Rúa Alcalá, 7 - 2º pta- Despacho 2226. 28014 Madrid.)

  • Certificado Medico

  • Requisito de entrada do menor

3. Grupo 3 (Documentos da Xunta de Galiza -Apostillables no Ministerio de Justicia en Madrid)



  • Certificado de Idoniedade

  • Informe Psico-social

  • Compromiso de seguimento do menor.

1 comentario:

MARINA dijo...

Moitas gracias pola información, acabame de ser de moita utilidade para ver a direción da Oficialia Mayor de Facenda que precisaba con urxencia.
Moita sorte.