
Onte tivemos a primeira cita no Centro de Adopcións de Ucraíña ás 11:00 da mañá (hora local). Hoxe día 11 de setembro, xa estamos en casa.
Foi unha experiencia moi triste e frustrante. Non se pode explicar a impotencia que un sinte con palabras.
Chegamos a Kiev o sábado nun voo dende Vigo vía Madrid e Munich. Á chegada a nosa facilitadora nos estaba esperando e nos acompañou até un apartamento moi ben acondicionado situado nos arredores da Praza da Independencia (zona Centro) moi perto do Centro de Adopcións.
Dado que o venres non estaba informado no taboleiro de anuncios de dito organismo a relación de citas para o luns, recomendounos que o luns estivéramos preparados a eso das 9:30 horas para sair para a entrevista por si a nosa era a primeira.
Segundo nos informamos hai tres psicólogas realizando as citas de xeito que se atende cada hora a tres parellas. Nestes intres unha dela estaba de vacacións polo cal tan só se celebran dous encontros por hora. No noso caso estabamos nós e unha parella de americanos.
Ás 9:50 chamounos por teléfono a nosa facilitadora e nos informou que ás 11:00 horas tíñamos a cita no C.A. Dado que nos quedaba tempo, fumos a unha cafetería cercana ao apartemento e almorzamos en plan ucraíño. Realmente son almorzos fortes similares ao británico.
Ás 10:30 estábamos na vivenda dado que quedáramos coa facilitadora. Marchamos os tres para o C.A. e ás 10:45 xa estabamos alí.
O departemento de adopcións está no edificio do Ministerio de Asuntos da Familia (ou algo polo estilo). Este edificio atópase a carón da igrexa de San Miguel (por certo patrón de Kiev), no alto dunha rúa empedrada que fai unha pequena costa. A entrada é por un lateral de dito edificio e se trata dunha pequena porta sin pretensións cunha placa a carón onde indica o organismo que se trata en ucraíño. Segundo entras se encontra a parte admistrativa e no andar superior, subindo unhas escaleiras estreitas está o despacho das psicólogas que entrevistan ás familias. O estado xerál é bon con mobles prácticos e novos do tipo contrachapado automontable. Teñen un cuarto con dúas mesas para unha das psicólogas e o xefe do departemento, e ca continuación (hai que pasar polo anterior) un despacho onde está outra psicóloga. En ambos sitios teñen un sofá onde se sentan as parellas que realizan a entrevista.
Nós tivemos que esperar a que finalizaran as anteriores parellas e logo subimos (sobre ás 11:10). Recibiunos abaixo a traductora de español do Ministerio, dixo os nomes e pasamos. A nosa entrevista era no despacho que tiña unha sóa mesa. Alí estaba a psicóloga. Sentámonos no sofá, presentámonos e ensinamos os pasaportes. A partires de ahí se nos dou unha charla xenérica sobre o mal que estaba a adopción de nenos sanos en Ucraíña, facendo fincapé en que incluso os nacionais do pais teñen problemas para atopar nenos sanos. A traductora, sentada nunha cadeira entre nós e a mesa de despacho da psicóloga, ía traducindo todo.
Nun segundo intre empezou a falar das fichas dos nenos que tiña dispoñibles en adopción nese intre. As describía en edade, sexo e sobre todo enfermidades que tiña o crío. A continuación e tras a traducción da intérprete, nolas pasaba. Son unhas follas plásticas con aneis dentro das cales está o expediente do neno (unhas tres ou catro follas) e unha ou dúas fotos del. Por suposto todo en ucraíño (só entendíamos os números).
Tras mostrarnos 6 fichas todas elas de nen@s con enfermidades graves (microcefalia, síndrome de alcoholismo fetal, hepatite C crónica...) permitíronnos facer unha chamada a unha pediatra que levabamos de contacto en España, a cal tras enumerar as enfermidades nos aconsellou non escoller a ningún deles e solicitar unha segunda cita.
Foi así cómo xa decidimos no mesmo momento non acudir a ningún dos orfanato e solicitar esa cita.
A decisión non é fácil pois sempre che queda a dúbida de se deberías visitar algún, pero tanto a nosa facilitadora coma nós mesmos pensamos que o único que podíamos conseguir con ela era sufrir un pouco máis e de paso facerlle sufrir a un meniño que non ten a culpa de nada.
4 comentarios:
Siento que haya sido tan triste como dices, pero realemte que es lo que os paso, por que os vinisteis ya.
Acabo de entrar por primera vez en este blog y quisiera ante todo daros ánimos y mucha fuerza para seguir adelante.Parece que ahora ya por sistema hay que acudir a una segunda cita para que todo vaya mejor. Contadnos como decidísteis volver a casa tan pronto.
Espero que muy prontito viajeís de nuevo y ya para encontraros con vuestro hijo.
Un fuerte abrazo desde Asturias. Isabel
ola de novo ,
sinto moito o da primeira cita ,por desgraza nestes intres unha gran maioria de pais teñen que pasar por isto .
moita forza e animo mentres non chega a segunda e non esquezades que o voso fillo estavos esperando .
unha aperta
fina
Parece obligado hacer una escala previa, pero seguro que en la próxima cita todo va mucho mejor.
Ánimo, un abrazo e sorte
Publicar un comentario