12/6/07

O noso expediente está en Ucrania


Por fin metimos o noso expediente no Centro de Adopcións de Ucránia. Foi o día 07 de xuño de 2007. Isto fainos moi felices porque vemos que está avanzando o proceso. De todos os xeitos segundo a nosa facilitadora parece ser que no Centro de Adopcións de Kiev poñen pegas porque non hai nenos menores de 3 anos na base de datos. De feito presionáronna un pouco para que aumentase a edade ata os 4 ou 5 anos.

Ela aconsellounos que esperemos. Iso imos facer.

Tamén nos comentou que o noso expediente é o 95 dos españois que entraron en 2007. Teóricamente hai un cupo para España de 380 expedientes para todo o ano.

3 comentarios:

fina dijo...

ola
sigo de cerca os pasos que estades dando coa adopción en ucraína porque nós tamén residimos na coruña e queremos adoptar neste país .onte tivemos a entrevista para a idoneidade .espero que poidamos estar en contacto para parolar .un saúdo
fina

Anónimo dijo...

Animo Fina, hoxe nos citaron para visitar o C.A. de Ucraíña. Como vedes vai todo bastante rápido. Se queredes podemos quedar algún día. Confirmádenos.

fina dijo...

moitas felicidades pola cita .xa veredes como todo sae ben .nós seguimos sen saber nada da idoneidade ,quizais para finais de mes ou para o que vén .
gustarianos quedar con vós ,nós vivimos en oleiros .o mail é reveillerebenoit@voila.fr