27/3/08

POR FIN XA SOMOS TRES!


POR FIN XA SOMOS TRES!

Ola!
En primeiro lugar perdón a todos os que leen este blog pola tardanza en colgar a nosa experiencia.
Como xa sabedes nós tivemos a primeira cita o día 10 de setembro de 2007, o noso CI era para un neno de 0 a 3 anos.
Pois como nesa primeira viaxe non atopamos ó noso meniño tivemos que esperar a unha segunda cita, e no noso caso a unha terceira cita. Contámosvos:
Chamáronnos para que o día 9 de xaneiro de 2008 estiveramos en Kiev para unha segunda cita, só nos adiantaron que se trataba dun meniño de 17 meses e que estaba nun orfanato en Dnipopetroski, tamén nos dicían que tiña hidrocefalia, hernia, retraso psicomotriz e dermatite.
A verdade é que viaxamos a esa cita cun pouco de medo, pero ó mesmo tempo con moitísima esperanza porque a nosa facilitadota nos adiantara que o da hidrocefalia se era verdade non era grave porque ela falara co orfanato e lle dixeran que o neno estaba ben.
Así que alá fomos ó centro de adopcións e alí nos mostraron unha foto del, pero de cando tiña máis ou menos 7 meses, e nos leron a ficha do neno, non tiña 17 meses, senon que 19 meses, e o das enfermedades era como nos adiantara a nosa facilitadota.
Ese mesmo día, é decir o día 9 de xaneiro viaxamos en tren toda a noite a Dnipopetroski para ó día seguinte poder ir ó orfanato e xa coñecer ó neno.
Fomos ó orfanato, vimos o neno e a maiores do que nos dixeran o neno tiña un quiste no cerebro que non deixaba de crecer.
Ningún de nós é médico así que nos puxemos en contacto con dous neurocirurxiáns galegos para que cos datos de que dispuñamos nos aconsellasen.
Ámbolos dous coincidiron en que os datos eran escasos, pero que o que estaba máis ou menos claro era que a corto, medio ou longo prazo habería que intervilo co risco que conleva.
Despois de moitas voltas que lle demos á cabeza decidimos arriscarnos e solicitar ó centro de adopcións a posibilidade dunha terceira cita alegando que a información que nos facilitaran non fora de todo exacta, posto que en ningún momento nos mencionaran o do quiste no cerebro.
O escrito o presentou a nosa facilitadora o sábado día 12 de xaneiro e esa mesma mañá nos chamou para que foramos ó centro de adopcións porque accedían a mostrarnos a ficha doutro neno.
Non sabedes a cantidade de sentimentos que nos invadiron nese intre, non nos volvíamos para a casa, dábannos unha terceira cita!!!!!!!!!!!!!!!!
Nesta ocasión ensináronnos a ficha dun neno que facía o día 22 de xaneiro 2 aniños, estaba na cidade de Donestk e en principio o único que tiña era retraso psicomotriz.
O domingo de noite voltamos a viaxar en tren esta vez cara Donestk, agora íamos máis nerviosos aínda se cabía porque desta vez tiña que ser.
E así foi cómo este neno entrou nas nosas vidas, é un neno sano, alegre e moi, moi cariñoso.
Tivemos o xuízo o día 28 de xaneiro e o día 14 de febreiro voltamos para a casa os tres, por fin os tres.
Xa leva polo tanto aquí connosco un mes e vos direi que se adaptou perfectamente, xa nos entende, está moito máis tranquilo e quédase con todo o mundo porque como diciamos antes é moi alegre.
E esta é a nosa historia, só dicirvos que non desesperedes, que todo chega, aínda cando parece que xa non hai saída sempre hai por onde tirar.
O noso camiño foi duro, e o máis duro desde logo foi ter que dicidir se levabamos o neno que estaba maliño ou non, pero cremos que ó final non era para nós porque nos dixo a nosa facilitadora que a día de hoxe xa foi adoptado por unha parella de alemáns e que o home era neurocirurxián, ou sexa que cremos que foi o destino.
UN BICO ENORME PARA TODOS OS QUE NOS SEGUISTES E QUE SAIBADES QUE AQUÍ ESTAMOS PARA O QUE VOS POIDAMOS AXUDAR.

14 comentarios:

fina dijo...

ola Paco ,alegrome moitísimo de que o voso neno xa estea con vós ,imaxino que non teredes moito tempo libre...Nós temos que viaxar en xuño ,se fora posible gustaríame poder falar con vós para que nos contedes un pouquiño.
Deixovos o meu correo :reveillerebenoit@voila.fr
grazas

Anónimo dijo...

Enhoraboa Paco, nos viaxamos o dia 11, temos cita o 14 de abril. Podesme contar como andan as cousas en Ucrania, e podiame decir como e o xuicio, que tipo de preguntas os fan.
gracias

Eva y Alberto dijo...

Enhorabuena familia, esta claro que aunque sea a la tercera, con un poco de voluntad y mucha, mucha paciencia el objetivo siempre se consigue, así es y será siempre Ucrania.
Ya estábamos algo preocupados de ver que lo vuestro no avanzaba, pero esta claro que esta vez se confirmaba el dicho de que la ausencia de noticias eran buenas noticias.
Enhorabuena de corazón y ahora a disfrutar de ese precioso cosaco que tenéis en casa.
Besos desde el sur del sur.

lolo dijo...

hola

lolo dijo...

Para Fina!
hola! estivemos intentando mandarvos un correo á dirección que deixastedes pero non debe estar correcta porque nolo devolve.+
Un saúdo

lolo dijo...

Para anónimo:
Primeiro noraboa pola vosa próxima viaxe!
O xuízo imaxinamos que será distinto en cada sitio, pero vos dicimos cómo foi o noso:
celebrouse no propio despacho da xuíza, e estabamos a xuíza, a súa secretaria, o asesor xurídico do orfanato, dúas pedagogas do orfanato, unha representante do centro de menores, a nosa facilitadora e nós.
ó principio a xuíza leunos os dereitos e obrigas, logo lle fixo unhas preguntas á nosa facilitadora e logo tivemos que decidir quén de nós ía responder, de xeito que o outro só tería que asentir co que contestaba ou alegar algo máis.
A xuíza preguntounos:
- por qué elexiramos Ucrania?
- por qué elexiramos este neno?
- cómo íamos facer ó chegar á España para cuidalo?
Logo unha das pedagogas do orfanato fíxonos dúas preguntas máis:
- se tiñamos asistencia sanitaria para o neno
- se o neno ía ter unha habitación para él so
Como ves non foi nada doutro mundo, pero nós estabamos moi nerviosos, neste proceso sínteste examinado sempre, a pesar de que sexas do máis normal do mundo.
O dito sorte e ante todo esperanza e paciencia.

fina dijo...

Ola ,sinto que non funcionara o meu correo; a direccion esta correcta ,pero tamén che dou a da outra conta que teño :finasilva@mixmail.com
Perdoade as molestias e a ver se desta vez vai
un saúdo

Isabel Y Vita dijo...

Hola, por fín!!! Desde Asturias nos alegramos un montón de este final tan feliz. A menudo miraba este blog y me preocupaba bastante la ausencia de noticias. Qué chaval más guapo!!! A ver si colgaís más fotos, vale?? y contarnos como se llama, por fa.
Quién ha sido vuestro facilitador??
Nosotros viajamos ahora en abril.
Un abrazo muy fuerte para los tres y ENHORABUENA!!!
Isabel y Vita

Maria dijo...

Leo cada día no foro o dificil que esta a adopcion en Ucrania neste momento e cando me desilusiono lembrme do voso pequeno de gafas grandes e iso dame forza. NORABOA PAPAS

Anónimo dijo...

I am able to make link exchange with HIGH pr pages on related keywords like [url=http://www.usainstantpayday.com]bad credit loans[/url] and other financial keywords.
My web page is www.usainstantpayday.com

If your page is important contact me.
please only good pages, wih PR>2 and related to financial keywords
Thanks
Tiedayageve

Anónimo dijo...

[url=http://www.texansfootballshop.com/]Texans JJ Watt Jersey[/url]

As managers, leaders and change agents, we want to improve our organizational performancePearls A Natural WonderNatural or real pearls are made by oysters and other mollusks Replica NFL jerseys look very nice with your team colors Remember if you want to have something, give it, because you must have it if you can give it

[url=http://www.broncosnflprostore.com/]Peyton Manning Women's Jersey[/url]

Give willingly and unconditionally, without expecting to receive anything in returnFrom the above discussion it is evident that a priest cannot afford to say "I am a spiritual leader I will concentrate only on spiritual affairs, I do not want to waste my time in mundane endeavors Scooby and Astro come to mind if you want to honor a famous TV pup Easy names with two or fewer syllables work well

[url=http://www.frankgorejersey.net/]Frank Gore Red Jersey[/url]

Anónimo dijo...

Unquestionably believe that which you stated.
Your favorite justification seemed to be on the net the simplest thing to
be aware of. I say to you, I certainly get annoyed while people consider worries that they just don't know about. You managed to hit the nail upon the top and also defined out the whole thing without having side effect , people can take a signal. Will likely be back to get more. Thanks

Also visit my web site - Zahngold Verkaufen

Anónimo dijo...

[p]They are rather adaptable to extreme climatic conditions . Uggs may have come from modest beginnings, but these days, the fashionable boots can be spotted on everyone from college kids across the northeast to celebrities looking to give their feet a rest from six inch heels . Subsequent when you wish to enhance your personal quantity . Of course, you need to choose reputable retailers that informs you whether their boots are genuine or fake . One specific regarding ugg tiny styles, any sale a new calf elevation start traits true twin-face ugg and also all of our signature bank stiched label . If celebrities
can wear them during breaks in filming and children can wear them to school, and if Aussies can wear them
out in the sheep shearing sheds, then you can wear them too . After wearing the ones in winters they get you to feel comfortable [url=http://uggbootsalescheap11.moonfruit.com]ugg boot sale[/url] and maintain the feet warm . For just about any critically broadened time UGG Boots 5815 Classic Tall Chestnut eferred to some actual layout of Australian sheepskin boots which analyze environs to could perhaps be encountered to procure generated continuing only the snugness constituent in mind . The problems seem to start when using UGG boots to walk a significant distance.[/p]

Anónimo dijo...

Hello. And Bye.